2.7.10

O domingo asinaremos na feira do libro

O próximo 4 de xullo, a partir das 20 h., Manuel G. Vicente e mais eu estaremos asinando exemplares de A araña e mais eu na Feira do Libro de Vigo. A araña e mais eu, publicado por Kalandraka, foi galardonado co Premio Neira Vilas aos mellor libro infantil e xuvenil do 2009 e tamén foi incluído nas Listas de Honra da revista Clij entre os mellores libros do Estado dese mesmo ano. Traducido ao castelán, portugués e inglés, o libro sairá tamén proximamente publicado en coreano, na editorial Glbburi.

Ningún comentario:

Publicar un comentario