En vez de extenderme no asunto, reproduzo o artigo que publiquei en A Nosa Terra na primavera de 2010 cando xurdiu un conflito da mesma índole xurdiu nun centro de Pozuelo de Alarcón. Titulábase «Igualdade».
Igualdade
A igualdade non existe se non se recoñece a diferencia. Non todos somos iguais, e para que o sexamos é imprescindible que sigamos sendo diferentes, que respectemos e valoremos a diferencia. A igualdade universal é unha gran mentira, pura inxustiza. Conforme a iso, pagamos anualmente os impostos da renda e do patrimonio. Conforme a iso sabemos que é imprescindible lexislar para apoiar a lingua galega, malia que este goberno do PP de Feijoo o faga en contra, causando unha forte protesta social. E só conforme a ese principio é posible crear unha sociedade libre, tolerante, plural.
Se queremos ser xustos debemos respectar as diferencias. Mesmo aínda que non as compartamos. A min gustaríame ver unha sociedade árabe onde o islam tivese un peso moito máis reducido e non actuase nunca como represor do papel das mulleres. Tamén me gustaría ver unha sociedade occidental cunha Igrexa católica onde as mulleres tivesen o mesmo peso ca os homes. Nos dous casos, tendo en conta a nula devoción que me suscitan as relixións. Pero tamén debemos aprender a valorar onde comeza a opción persoal, a liberdade de criterio e, sobre todo, a identidade cultural. O caso de Najwa Malha, a rapaza á que nun instituto de Pozuelo de Alarcón lle prohibiron a entrada á clase co pano ou hiyab na cabeza, é un caso paradigmático de incomprensión ante as diferencias culturais e ante a diversidade social que se está conformar debido á inmigración e á globalización. A de Najwa foi unha decisión persoal con profundas implicacións culturais que non debería molestarlle a ninguén, mesmo aínda que teñamos ideas moi diferentes. E se cremos na xustiza e reivindicamos a igualdade temos que aceptar a súa diferenza.
Moi adecuado.
ResponderEliminarPero, sobre todo a partir do que esta a pasar no mundo arabe, conviria desbrozar para liberarnos dalgúns mitos e prexuizos ( que de seguro non ten o autor ).
Ben é verdade que os sectores fundamentalistas do islam ou do cristianismo teñen unha posición retrograda sobre usos e costumes morais, iso é imnegable.
Pero a relación afable que o islam ou de tensión que o cristianismo ten tido coa ciencia nos demostra que o problema non esta na relixión senon na diferente orixe filosofica de oriente e occidente. Fronte a unha filosofia oriental dialectica nos somos herederos de pensadores como Parmenides ou Platón que construiron unha visión idealista e dogmatica da realidade.
Co tema da muller e do velo intuio que pasa algo parecido. Non esta no islam o problema da discriminación da muller (ou da súa vestimenta)senon nun problema de modernidade e de construción de sociedades democráticas.
E ao mellor neste tema imos ter que estar a dicir cousas moi diferentes dentro duns anos.
Coincido contigo, Xoan, pero a relixión, historicamente, tampouco pode ser exculpada.
ResponderEliminar