21.11.12

Debate sobre «Ninguén» no Club de Lectura o IES de Poio


No club de lectura do IES de Poio mantiveron un debate, que gravaron e publicaron en mp3 arredor do meu libro Ninguén. Reproduzo a anotación do seu blog ao respecto.

NINGUÉN de FRAN ALONSO: Primeira sesión en audio

Esta mañá tivemos a primeira posta en común sobre Ninguén de Fran Alonso, no grupo 1 do club de lectura de 2º de bacharelato.
Tralo "ruído" inicial, a conversa foinos levando cara adiante e dun "non entendo nada" chegamos a extraer conclusións e compartimos puntos de vista:



O autor envíanos o seguinte enlace para comprender mellor a súa obra, sera convinte que lle botemos unha ollada.

1 comentario:

  1. Seguimos lendo e dando reviravoltas que seguro darán moi boas achegas. Anxos

    ResponderEliminar