14.11.13

Unha canción que empreguei para escribir

Durante o proceso creativo, para min a música é un acompañamento que me axuda a concentrarme. Tamén é certo que outras veces, en cambio, preciso silencio. Ruído nunca. O ruído descolócame e altérame. Por lóxica, as cancións que escoito cando escribo deben caracterizarse por posuíren un ritmo suave, con certa tendencia monocorde. Esa uniformidade é a que impide que me distraia cando se produce algún cambio de ritmo na canción.
Este é o vídeo do tema que me acompañou, mentres escribía, ao longo da pasada primavera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario