2.11.15

Lázaro, subversivo. Un agasallo inesquecible

Lázaro era unha persoa libre e rebelde. Tiña o xenio da creación metido dentro e coa forza imparable do trazo da súa man convertía a caligrafía en arte. A miña relación con el, sempre foi expléndida. Uns anos antes da súa morte, o artista cubano Lázaro Enríquez fíxome –sen eu saber nada– un agasallo persoal que gardo como ouro en pano e que nunca poderei agradecerlle abondo: un caderno ilustrado por el con textos de poemas do meu libro Subversións. Hai menos dun anos, decidinme a dixitalizalo e subilo a ISSU, de tal xeito que pode ser contemplado por quen o desexe. Un agasallo inesquecible.



Ningún comentario:

Publicar un comentario