As xeniais Lucía Vázquez e Iolanda Zúñiga parodian a Lady Gaga.
6.5.13
O meu poema «Creación», musicado a golpe de guitarra por César Castillo
César Castillo, alumno non galego do IES Pintor Colmeiro de Silleda, musicou un poema do meu libro Transición (2011), tal e como recolle o blog Trafegando Ronseis. Desde Cabrafanada, quero mostrarlle o meu agradecemento a César. Aínda que tiven ocasión de escoitalo en directo, esta gravación en vídeo ofréceme a ocasión de compartilo. O poema titúlase «Creación».
A cadeira arrimada.
Crisálida.
O corpo tenso.
Posición branca:
á espera,
sen versos.
Nin larva.
Que non se meta non fose non rompe.
Que non se sabe non senta non é.
Que non hai abrocho espera imposible.
Que o poema non existe
de seu é
tema flema teorema.
Non é larva.
Non corpo:
nin hai nin ten
palabras
existen de seu.
Creación
A cadeira arrimada.
Crisálida.
O corpo tenso.
Posición branca:
á espera,
sen versos.
Nin larva.
Que non se meta non fose non rompe.
Que non se sabe non senta non é.
Que non hai abrocho espera imposible.
Que o poema non existe
de seu é
tema flema teorema.
Non é larva.
Non corpo:
nin hai nin ten
palabras
existen de seu.
15.4.13
Rap contra o racismo na lingua de signos
Sempre fun bastante hiphopeiro, pero este rap é especialmente significativo porque se trata dunha campaña de rap contra o racismo na linguaxe de signos, unha iniciativa fermosa, que foi promovida pola ONG Movimiento contra la intolerancia, e nela participan algúns dos mellores rapeiros coa intención de sensibilizar a favor da tolerancia no ámbito escolar e xuvenil. Iso si, bótase en falla a presenza de mulleres rapeiras.
17.3.13
11.3.13
A morte dos xornais en papel
O alemán Ken Ottmann creou dous fermosísimos e desacougantes vídeos en 3D sobre a desaparición dos xornais en papel. De enorme forza metafórica, os vídeo prognostican o que xa sabemos: un futuro radicalmente distinto para a comunicación. Os vídeo titúlanse Paper Age.
Vía Actualidad editorial.
Vía Actualidad editorial.
Labels:
Comunicación,
dixital,
Novas tecnoloxías,
papel,
xornais
31.1.13
Conversando con María Solar no Zig Zag
María Solar entrevistoume hai un par de semanas no programa Zig Zag, da TVG, sobre a miña novela A punta de pistola (aquí pode descargarse un completo dossier moi gráfico sobre a novela), e sobre a reedición, na colección Sopa de Libros, do poemario infantil Cidades, que eu mesmo ilustrei (con certo descarado atrevimento, desculpando). A entrevista vai desde o blog da camioneira Camila ás fotografías manipuladas que empreguei en Cidades. Por suposto, moitas grazas a María e a todo o equipo do Zig Zag por estar aí a diario, dándolle visibilidade á cultura.
Labels:
a_punta_de_pistola,
Cidades,
entrevista,
maría_solar,
zig_zag
11.12.12
Carta de CEDRO aos asociados. A entidade denuncia o Estado español ante as autoridades europeas
Acabo de recibir esta carta de CEDRO, que reproduzo.
Estimado Fran Alonso:
Me pongo en contacto con usted para informarle de la situación crítica en la que se encuentra la gestión colectiva de los derechos de autor.
A finales del año 2011 el Gobierno cambió el sistema de compensación por copia privada (conocido como canon de copia privada). Debido a ello los ingresos procedentes de este derecho pueden considerarse prácticamente nulos.
Como ya le hemos informado a través de nuestros canales de comunicación, tras esta modificación del sistema es el Estado quien ha asumido la financiación de esta compensación en sustitución de las empresas tecnológicas. En los Presupuestos Generales del Estado (PGE) para 2012, aprobados el pasado mes de junio, se introdujo una partida de tan solo 5 millones de euros para compensar a todos los titulares de derechos del libro, la música y el cine.
Esto supone un descenso enorme de la compensación que venían recibiendo los creadores y productores culturales de nuestro país, y sobre todo, los autores y editores de libros. Para hacerse una idea de ello, valga como ejemplo que en el año 2011, cuando la industria tecnológica asumía este pago, se recaudaron casi 115 millones de euros por este concepto, 19,29 millones de euros correspondieron a los autores y editores representados por CEDRO.
Como puede comprobar, la situación es gravísima. Ni siquiera, a día de hoy, se ha hecho efectiva la cantidad «simbólica» que correspondería a los titulares de derechos para este año, y el Real Decreto aprobado por el Ejecutivo el pasado 7 de diciembre remite a una futura Orden Ministerial para determinar qué parte de los 5 millones incluidos en los PGE corresponde al libro, al audio y al video.
Frente a este estado de cosas, CEDRO ha tomado decisiones. Nuestra Entidad denunció el pasado mes de noviembre al Estado español ante las autoridades europeas porque no se está compensando adecuadamente a los autores y editores por la copia privada de sus obras y, por lo tanto, se está yendo en contra de lo dispuesto en las directivas comunitarias al respecto.
Le mantendremos informado de cómo evoluciona la situación.
Cordialmente,
Magdalena Vinent
Directora General
Directora General
8.12.12
Os elefantes aínda non morreron
Hai uns días dei tres charlas en centros de ensino do Condado: no IES Pedras Rubias de Salceda e no IES Pedra da Auga de Ponteareas, sobre o meu libro Cemiterio de elefantes, que dezaoito anos despois da súa publicación continúa vivísimo, e no IES de Salvaterra, onde fixen unha intervención poética arredor da miña antoloxía Poetízate. A fin de semana anterior estiven nunhas interesantes Xornadas de Igualdade do Concello do Grove falando dos personaxes femininos en A punta de pistola (e tamén de Cartas de amor, que está todo protagonizado por mulleres).
Reproduzo un vídeo que fixeron os rapaces e rapazas do IES Pedras Rubias, de Salceda, con diferentes propostas de portada para Cemiterio de elefantes. Recomendo velo porque, desde logo, humor non lles falta. Parabéns!
Reproduzo un vídeo que fixeron os rapaces e rapazas do IES Pedras Rubias, de Salceda, con diferentes propostas de portada para Cemiterio de elefantes. Recomendo velo porque, desde logo, humor non lles falta. Parabéns!
4.12.12
O «disco díscolo» de Os da Ría: para non perdelo!
Unha das boas cousas que me sucederon no Culturgal foi tropezar co stand de Os da Ría, onde o inefable Tomas Lijó, dotado dun inusitado espírito comercial, logrou colocarme no só o disco, que eu xa pretendía mercar de meu, senón todo o pack completo do disco con tres botellas de viño do Ribeiro, marca Senlleira, de colleita exclusiva de Os da Ría. O viño non tiña intención de mercalo, pero a capacidade persuasoria de Tomás Lijó conseguiu que eu saíse de alí coas tres botellas debaixo do brazo.Eu coñecía a Os da Ría, basicamente, a través da campaña de promoción de Dioivo. O disco, que se titula Disco díscolo e foi gravado a través de crowdfounding, non ten perda. Agradézolle a Tomás que mo empaquetase con viño, porque se o disco xa alegra a vida, co viño xa non digamos!
Así que partir deste momento declárome fan eterno de Os da Ría e, desde que o CD segue os meus pasos vitais, non deixei de escoitar nin un segundo cancións tan «coxonudas» como as que lle dedican ao insigne xornalista lugués «Fernando Ónega», a incomparable «Conga de Uxío Novoneyra», a canción real coa que agasallan á «Infanta Elena», a dúbida existencial que plantexan na canción «Manuel María, é tío ou é tía?», ou o emotivo «Se me dan a escoller un país», que é o tema número 16, pecha o disco e ten a súa orixe no Plan Galicia.En fin, que collamos por onde collamos calquera das «cantareliñas» do CD, Os da Ría fan unha música fresca, divertida, paródica, con moito «fumor», ben feita, cosmoPolita, e, por se fose pouco, son cultos, pois len a Neruda en moitísimas linguas. Son realmente hiperenxebrantes!
Os da Ría son Carlos Meixide, Tomás Lijó (voces), Xabier Olite (guitarra), Ramón Rúa (batería), Suso Alonso (teclas) e Roi Fernández (baixo).
Que din eles de si mesmos? Isto: «Os da Ría levan ans defendendo enriba de os esceairos (e as veces debaixo), o galegueiro como ferramenta de expresión cultural e festeira de o póbolo galegueiro. Un grupo ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi Fernández. O amplísimo repertorio do grupo, creado a modo de skectchs para as Ultranoites dos últimos 10 ans, recorre, desde o territorio do absurdo, da crítica máis ácida e da parodia, a vida social, cultural e política de a Galicia Nai e Señora, nun espectáculo ao que o público nunca é indiferente».
Por certo, na súa páxina web pode verse unha recomendable actuación completa gravada en directo (onde, por exemplo, pode escoitarse ao ritmo cañí de Manolo Escobar unha canción que tamén soa a Suso Vaamonde, ou a Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán no tema «Por que será que voto benegá»?), pero, sobre todo, recomendo mercar o Dísco Díscolo como magnífico «agasaxo» de Nadal, sexa ou non acompañado do bo viño Senlleiro, que é viño do Ribeiro. Dito queda.
Non o perdades!!!!!
Adiante Os da Ría!!!!
Xoder, xoder, que galegos son!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


