Únete á rebelión da lectura. Sentada Lectora, mañá ás 12 h. na Alameda de Gondomar. Colle un libro e ven a Gondomar!
Actuará o grupo Migallas e o coro Cantares do Brión. A actriz e escritora Paula Carballeira e a xornalista e escritora Araceli Gonda lerán o Manifesto a favor da lectura.
Únete á rebelión da lectura.
21.4.12
16.4.12
Ich Geh' Mit Meiner Laterne: a canción da miña infancia
Esta era canción máis esperada da miña infancia no Colexio Alemán de Vigo. Tratábase dunha celebración pola que agardabamos con devoción, xa que ese día os nenos e nenas percorriamos todo o edificio do colexio en fila india, coas luces apagadas e os Laterne prendidos. O edificio estaba situado entre Torrecedeira e Pi i Margal, que daquela se chamaba General Aranda e, anos despois, foi desmontado pedra a pedra, sen que hoxe se saiba moi ben que foi del. Non sei que tiña aquel centro de ensino, unha especie de illa educativa nos últimos anos do franquismo, pero deixounos unha lembranza especial. Nada que ver co seguinte colexio que pisei para rematar 7º e 8º de EXB, cando se iniciaba a Transición. Eu debín entrar no Colexio Alemán en 1968 ou 1969, en Kindergarten. Alí compartín aula con Helena de Carlos, que tampouco esqueceu ese Vigo. As cousas que penetran a pupila durante a infancia márcannos para sempre.
2.4.12
Luz Verde, curtametraxe sobre 01 AM, de «Cemiterio de elefantes»
Hai xa varios meses que asistín en Vigo á estrea de Luz verde, a curtametraxe baseada en «01 AM», un relato do meu libro Cemiterio de elefantes. O traballo realizado polo equipo de persoas dirixidas por Sara Casal paréceme excelente, e desde aquí quero felicitalas publicamente. Por outra banda, compráceme moito a interpretación que a actriz Dorotea Bárcena, da que sempre admirei o seu traballo, realiza do meu personaxe, así como o soberbio papel que fai César Cambeiro, quen encarna a figura antipática do farmacéutico. Todo o equipo de actores merece un estupendo aplauso e, moi especialmente, todo o equipo técnico o meu recoñecemento polo seu enorme esforzo e polos magníficos resultados obtidos. Parabéns.
26.3.12
«A poesía abre o apetito». Vídeos e recursos sobre «O meu gato é un poeta»
Unha das cuestións que me máis me están a sorprender sobre O meu gato é un poeta é a súa enorme flexibilidade para adaptarse a distintos niveis educativos. Desde Educación Infantil ata 1º da ESO, visitei numerosos centros nos que o libro encaixou en niveis moi diferentes ou distantes.
Aínda que eu poida entender que os destinatarios ideais do libro son os de 3º, 4ª ou 5ª de Primaria, non é menos certo que funciona moi ben en Infantil (os proxectos que levou adiante @MestraPrimaria, e que reproduzo a continuación, demóstrano), pero tampouco é menos certo que funciona moi ben en 6ª de Primaria ou mesmo en 1º da ESO (de feito, visitei alumnado deste curso que o leron e sintonizaron con el nos IES de Valadares, Colexio Mariano, IES de Teis, etc).
«A poesía abre o apetito», vídeo sobre O meu gato é un poeta elaborado por alumnos de 3º de Primaria do CPI Virxe da Saleta en marzo de 2012 (César A., César B., Adrián, Clara, Gabriel, Sara, Alicia, José Manuel, Rocío, Belén e Xiana), co profesor Martiño Ramos.
A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.
En calquera caso, eu non podo máis que estar agradecido aos fermosos materiais e recursos didácticos que o profesorado está a crear, cos rapaces e rapazas, a partir de O meu gato é un poeta. Un deses recursos é a ficha didáctica elaborada polo Club de Lectura Compatida do CPI do Rosal (descargar) onde estiven de visita esta semana pasada.
Outro recurso co que tamén me agasallaron esta semana foi o vídeo que elaboraron no CPI Virxe da Saleta de Cea (os mesmos que fixeron aquel fermoso vídeo de «A lingua sabe a pan»). E, moi nomeadamente, os traballos que está a levar a cabo a profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria), que o ano pasado traballou en Educación Infantil co poema MIAU de «O meu gato é un poeta» e mesmo elaborou unha páxina para presentar no Encuentro de Buenas Prácticas TIC, celebrado no CITA da Fundación Germán Sánchez Ruipérez; e este ano traballa co libro cos seus alumnos de Primaria en Salvaterra de Miño.
Os trabalinguas de O meu gato é un poeta nun vídeo elaborado polo alumnado do C.E.P. Sequelo de Marín durante o curso 2011-2012, co profesor Xosé Pazos.
Vídeo sobre o poema «Miau» de O meu gato é un poeta, elaborado polo alumnado de infantil do CEIP Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño) durante o curso 2010-2011, coa profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria).
MANUAL PARA SER POETA, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballando poesías de Fran Alonso, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballando O meu gato é un poeta por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballos sobre O meu gato é un poeta, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach

Vídeo de Duetto Buffo Di Due Gatti, con Montserrat Caballé e Montserrat Martí, empregado no Club de Lectura do CPI do Rosal como apoio para a lectura de O meu gato é un poeta en 2, 3 e 4º de Primaria no Club Lecturas Compartidas.
Traballando poesías de Fran Alonso, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballando O meu gato é un poeta por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
Traballos sobre O meu gato é un poeta, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach
13.3.12
Neruda
Hai bastantes anos tradución este poema de Neruda, a petición da revista Terra sen amos. Neruda, o inmortal Neruda. Aproveito para reproducilo en Cabrafanada.
As satrapias
Nixón, Frei e Pinochet
ata hoxe, ata este amargo
mes de setembro
do ano 1973,
con Bordaberry, Garrastazú e Banzer,
hienas voraces
da nosa historia, roedores
das bandeiras conquistadas
con tanto sangue e tanto lume,
enchoupados nas súas herdades,
depredadores infernais,
sátrapas mil veces vendidos
e vendedores, acirrados
polos lobos de Nova York,
máquinas famentas de dores
lixadas no sacrificio
dos seus pobos martirizados,
prostituídos tratantes
do pan e do aire americano,
lameiras, verdugos, fato
de prostibularios caciques,
sen outra lei que a tortura.
E a fame zorregada do pobo.
Santiago de Chile,
15 de setembro de 1973
As satrapias
Nixón, Frei e Pinochet
ata hoxe, ata este amargo
mes de setembro
do ano 1973,
con Bordaberry, Garrastazú e Banzer,
hienas voraces
da nosa historia, roedores
das bandeiras conquistadas
con tanto sangue e tanto lume,
enchoupados nas súas herdades,
depredadores infernais,
sátrapas mil veces vendidos
e vendedores, acirrados
polos lobos de Nova York,
máquinas famentas de dores
lixadas no sacrificio
dos seus pobos martirizados,
prostituídos tratantes
do pan e do aire americano,
lameiras, verdugos, fato
de prostibularios caciques,
sen outra lei que a tortura.
E a fame zorregada do pobo.
Santiago de Chile,
15 de setembro de 1973
12.3.12
Entrevistas sobre «Transición» na radio (en mp3)
Das distintas informacións que foron saíndo sobre o meu último poemario, Transición, gustoume moito a estrutura e desenvolvemento da entrevista que me fixeron para o Diario Cultural da Radio Galega, entrevista que se pode escoitar ou descargar en mp3 neste enlace.
Na última semana, tamén o programa La Voz en Espiral, un programa de radio de unha hora semanal sobre poesía que se emite desde Mérida, dedicoulle atención a Transición, na voz do crítico Ramón Nicolás, e na dos presentadores Suso Díaz e Mari Paz.
Na TVG, o programa da Zig Zag entrevistounos hai alguhas semanas a María Lado e mais a min para falar sobre o poemario.

20.2.12
13.2.12
As marabillas dunha tablet
A través de Mica Bigotes recibo este vídeo sobre as marabillas que fai unha tablet.
8.2.12
Poemas a viva voz
Este venres, María Lado e mais eu, acompañados por Manuel Ángel García, editor de Franouren, presentaremos Transición en Librouro cun recital poético a dúas voces.
Leremos diversos poemas que están incluídos no CD e outros que non o están. Do CD leremos, por exemplo, «Abismo Vigo», un collage sobre a cidade. Se cadra, tamén lemos «Ninguén», un poema que ten moito que ver co meu último libro de narrativa (comezando polo título). Esforzarémonos en lle poñer voz ao cortante «Vivo non vivo», un poema sobre a violencia de xénero. E daremos conta, por exemplo, de «Terrae», que non está incluído no CD.
En calquera caso, aproveito para darlle as grazas a María, que xenerosamente me acompaña, como me acompañou no CD e no limiar do libro.
Mentres tanto, neste enlace poden escoitarse os seguintes poemas de Transición (ou poden descargarse aquí):
Rap sucio de chapapote
Ninguén
Abismo Vigo
Vivo non vivo
O Xe

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)