O xornal catalán Ara.cat
publicou unha longa e interesante entrevista con Suso de Toro feita por Carles Capdevila na que fala de política e de literatura. O escritor –que nunca abandounou o ámbito da intervención– acaba de volver á actualidade coa publicación de Somnámbulos, e advirte que deu por rematada unha carreira literaria pero non a súa relación coa literatura. O regreso do escritor máis iconoclasta e inconformista da literatura galega é unha boa noticia.
25.10.14
8.10.14
«Biblioferit», unha canción de amor ás bibliotecas
O Servei de Biblioteques da Generalitat de Catalunya encargoulle a La Tresca i la Verdesca, un grupo de música infantil, que compuxese unha canción sobre as bibliotecas coa vocación de animar os pequenos lectores e lectoras ao seu uso e, ao tempo, que servise de seu como elemento de animación lectora. Os membros de La Tresca i la Verdesca crearon unha fermosa canción de amor á biblioteca, titulada Biblioferit, emulando o conto da Ratiña presumida. O resultado final é este magnífico vídeo musical, tan emotivo para as persoas que traballamos na animación á lectura e facemos nosas as imaxes que aparecen na pantalla.
Observando unha sociedade coa madurez cultural da catalana, tan capaz de xerar ilusión e de apoiar a cidadanía no recoñecemento da súa propia cultura, non debería estrañarlle a ninguén que desexen ser unha nación independente. Con esa capacidade xigantesca de soñar e crear referentes (que contrasta tanto coa miseria cultural da Consellería de Cultura), o Estado catalán (que chegará algún día, sen dúbida, pois os cataláns así o desexan) será un dos estados máis avanzados de Europa en políticas educativas e culturais.
Biblioferit from suvata produccions on Vimeo.
«El grup d'animació infantil i familiar de La Tresca i la Verdesca han
rebut l'encàrrec de fer una cançó per a tots aquells que ens agrada
passar hores i hores en la biblioteca. El cas és que hi ha algú que s'hi
ha passat tantes, que hi està enamorat. És el "Biblioferit", un malalt
d'amor per una biblioteca» (Catalunya Radio).

25.9.14
Celso Emilio Ferreiro e Os Diplomáticos de Monte Alto
Este ano, o Festival Revenidas e a Asociación Cultural Liviao de Marrao, que organizou Por parroquias, celebraron os 20 anos do Bravú. No Culturgal inaugurarase unha exposición do significado deses 20 anos e Os Diplomáticos de Monte Alto volveron a subir aos escenarios para conmemorar ese movemento do que foron humus. Tamén realizaron un videoclip, xa ben coñecido, que aínda non reproducín en Cabrafanada e para o que tiven a fortuna de colaborar. Os Diplomáticos de Monte Alto e Celso Emilo Ferreiro, dous enormes motores da cultura galega, están xuntos nesta versión de «Deitado frente ao mar»
22.7.14
A fenda que nos fende
Reproduzo un artigo da miña autoría, centrado na creación literaria, que me foi solicitado desde a AELG para a súa publicación no semanario Sermos Galiza.
A fenda que nos fende
Ás veces pregúntome por que escribo. Non
é que me interrogue sobre os motivos que me levaron á escrita senón sobre os que
me impulsan a seguir escribindo. Os primeiros, probablemente, son máis
persoais. Escribir non deixa de ser unha procura de identidade que nos axuda a
situarnos ante nós mesmos e ante o mundo. E, se cadra, un desexo de parar o
tempo.
Os motivos que me impulsan
a seguir escribindo son máis complexos. En Galicia adoitamos escribir desde as
marxes, loitando contra a invisibilidade e contra a indiferenza da
administración. Abordamos o proceso creativo cando remata a nosa xornada
laboral, abrindo unha nova xornada centrada na escrita. Escribimos roubándolle
o tempo ao lecer, ao descanso, ao sono, ás persoas ás que queremos, á
amizade... Construímos a nosa obra literaria co vento en contra. Acudimos a numerosas
citas e requerimentos de xeito voluntarista e ás veces nin sequera atopamos
comprensión cando expresamos as dificultades. Tragamos a nosa decepción. E batemos
cos nosos propios fracasos, que non adoitamos recoñecer. Afrontar a escrita
nesas condicións resulta esgotador. Sen dúbida, a vocación é unha chamada
profunda, abisal, que vén dalgún lugar remoto para aflorar cunha forza salvaxe.
Pero o que máis me preocupa
é esa fenda enorme que se abre entre nós e a sociedade. Esa fenda que non ten
nada que ver coa calidade do que escribimos senón coa lingua en que escribimos.
Esa fenda que nos dilúe e nos encolle día a día. Esa fenda que nos apodrece e
nos devora. Esa fenda ante a que baixo ningún concepto podemos permanecer
impasibles.
A fenda que nos fende
Labels:
AELG,
Cosmofran,
Creación,
Escrita,
Fran Alonso,
Literatura,
Sermos Galiza
25.6.14
A teatralización de «O meu gato é un poeta»
Por fin, con máis vagar, teño un momento para agradecer publicamente o traballo da profesora e escritora Chus Pereiro, que levou a cabo un excelente e minucioso traballo de teatralización a partir do meu libro de poesía infantil O meu gato é un poeta para representalo nas V Xornadas Municipais de Teatro Escolar cos seus alumnos e alumnas de 1º ciclo de Primaria. Convidado pola propia Chus, no seu día tiven o pracer de asistir á representación, que se celebrou o pasado mes de maio no Auditorio do Concello de Vigo. O traballo da directora e dos rapaces e rapazas engaioloume desde a primeira escena e pareceume unha evocadora proposta plástica, que ten máis mérito de considerarmos as dificultades de trasladar a linguaxe poética ao teatro infantil. Días despois, visitei aos pequenos actores e actrices no seu centro escolar, o CEIP Canicouva, e puiden comprobar a intensidade coa que os nenos e nenas traballaran o libro, que sabían enteiro de memoria.
Aproveito esta anotación para agradecer tamén todo o traballo que moitos profesores e profesoras levaron a cabo con libros da miña autoría durante o curso escolar 2013/2014 en diversos centros de ensino, centros dos que visitei arredor dunha vintena.

27.3.14
«Lobos sucios», a memoria do volframio
A través de Luís Domínguez, descubrín hai xa algún tempo este fermoso vídeo sobre o volframio en Galicia, que relata a historia das minas de Casaio, na que se obrigaba aos presos políticos antifranquistas a extraer volfram para os nazis durante a II Guerra Mundial. Tamén acude a miña memoria unha dramática reportaxe que un compañeiro xornalista fixera no Diario 16 de Galicia sobre as condicións feudais que se lle aplicaba a principios dos 90 á man de obra precisa para a extracción de lousa.
17.1.14
A recuperación de Samil
Estes días, o paseo de Samil apareceu invandido pola area. Durantes anos, iso sucedeu incansablemente en Praia América, ata que se iniciaron os tímidos traballos de recuperación que hoxe lle devolveron certa dignidade á praia. Con todo, as dunas de Gaifar nunca poderán xa ser recuperadas. Tampouco o Samil da miña infancia. Aqueles piñeirais aos que iamos merendar sentados sobre a area (e que permanecen vivos nos contos de X. L. Méndez Ferrín) desapareceron irremediablemente baixo a política irresponsable de urbanización dos espazos naturais que moitos concellos levaron a cabo (con algúns personaxes de lembranza tan nefasta como o vigués Agustín Arca). A praia da Ladeira, en Baiona mesmo se privatizou para construír un camping.
Afortunadamente, hai moitos anos recuperouse en Vigo a praia do Vao (a mellor da cidade, sen dúbida) grazas á inciativa do concelleiro Suso Costas, e hoxe é un exemplo dun espazo natural rexenerado, que equilibra razoablemente o uso para o esparcimento coa preservación da natureza.
Ás veces os intereses urbanísticos e ás veces unha errada e perigosa forma de entender o «embelecemento» dos espazos naturais levaron a estragar as praias nunha acción que se podería comparar, salvando as distancias, coa febre que escachizou o patrimonio arquitectónico vigués nos anos do «desarrollismo». Evidentemente os abusos acaban pagándose e o partido político que durante os anos 80 e 90 deu vía libre á urbanización desmedida quere agora dar pasos atrás.
En contraste, as autoridades en Europa non se preocupan de que a cidadanía poida aparcar os seus vehículos a pé de praia senón de que, aínda que deban camiñar para chegar a elas, os espazos preserven toda a súa beleza natural.
En Vigo xa vai sendo hora de que a area de Samil recupere o que sempre foi seu, o lugar onde estivo durante séculos. A cidade merece unha praia rexenerada e repectuosa, con area e piñeirais, á altura da fermosura da paisaxe que a ría ofrece. Unha praia como a que eu puiden gozar na miña infancia.
29.12.13
Mexada
Mexar é como escribir un bo poema. Ao rematalo, séntese un alivio inmenso, un alivio enorme que o corpo necesita imperiosamente. A poesía, que é subversiva, flexible coma o chicle, ten propiedades diuréticas; alivia porque é un magnífico tranquilizante sen prospecto. En doses altas, crea adicción ou alerxias. A súa capacidade subversiva ou as súas reaccións alérxicas permíntennos deitar unha ollada interpretativa, inqueda e oblícua sobre o noso tempo. E seguir mexando.
24.12.13
As prácticas depredadoras dos grupos enerxéticos
Hoxe, probablemente, quedaremos sen luz. Sucede así en Noiteboa ano tras ano. É un agasallo que Unión Fenosa nos quere facer chegar para a velada. En calquera caso, non se trata dun feito excepcional. Onte pola noite, sen ir máis lonxe, tamén estivemos sen subministro eléctrico. Á marxe do temporal, sucédenos con moita frecuencia e trátase dunha deficiencia estrutural da fase que nos abastace, que non ten capacidade para garantir o suministro. Desde logo, o problema ten doada solución, porque se arranxaría renovando as infraestruturas en función das necesidades da demanda.
Así e todo, non se fai, porque ás eléctricas (neste caso Gas Natural Unión Fenosa), privatizadas para beneficio duns poucos, o único que lles interesa é obter unha substanciosa conta de resultados para os seus accionistas, esquecendo completamente o labor fundamental que teñen como servizo público. Feitos como a recente e escalandosa suba das tarifas da luz, finalmente anulada polo goberno, poñen en evidencia esta triste realidade. A maiores, aos habitantes do medio rural ou de poboacións pequenas as multinacionais enerxéticas considérannos cidadáns de segunda clase, negándonos os dereitos que si poden ter os habitantes das urbes.
Evidentemente, a responsabilidade final de todo isto está na perversión do exercicio da política e, en definitiva, nas prácticas usureiras do neoliberalismo, que privatizou un ben común estratéxico, tan necesario e tan fundamental para o futuro desenvolvemento dos países como é a enerxía.
Hoxe máis que nunca é preciso reivindicar que todos os recursos enerxéticos deben ser nacionalizados e postos ao servizo de quen, en realidade, os sufraga: a cidadanía. E, en calquera caso, é obriga dos gobernos pararlles os pés ás prácticas depredadoras destes monstros multinacionais, que non só teñen que ver co abuso dos consumidores senón tamén coa manipulación e o exercicio do poder. Como Gas Natural Unión Fenosa.

11.12.13
O Culturgal, a lingua e o derrotismo
«O Culturgal é moito máis que unha Feira das Industria Culturais Galegas; é unha auténtica inxección de moral para o país». Iso dicíao eu nun tuit que lancei hai un par de semanas. Sen dúbida ningunha, o Culturgal ten xa un valor simbólico que sobrepasa as dimensións dunha simple feira das industrias culturais co único cometido de vender a nosa produción máis creativa. A maiores de constituír un escaparate e un importante punto de venda dos nosos produtos culturais, o Culturgal é un lugar de encontro, de intercambio, un referente e un verdadeiro estímulo para as persoas que cremos na cultura galega e no seu enorme potencial.
No Culturgal cabe todo, menos o derrotismo. O máis impresionante do Culturgal é que podemos observar con abraio todo o que produce culturalmente este país (perdón pola expresión, porque realmente non está todo, só unha parte importante) e sorprendernos coa enorme capacidade dos nosos creadores e creadoras e coas valiosas e incombustibles iniciativas culturais que se emprenden, de xeito incansable, desde a cidadanía. E iso, malia termos unha nación desgobernada, envellecida e con escasa capacidade de autoestima, que non dá xerado unha cantidade de público en consonancia coa cantidade e a calidade da oferta. O Culturgal é un fermoso e subversivo laboratorio de ideas, de iniciativas, de proxectos, de historias, de palabras, de personaxes que proceden do ámbito da literatura, da música, do audiovisual, do espectáculo, das tecnoloxías, do asociacionismo, do teatro, da danza, da comunicación...
Por iso o Culturgal é unha inxección de moral para o país. Eu, desde logo, non podo sentir máis que fachenda por todo o que este pequeno lugar chamado Galicia é quen de producir desde a cultura. Por iso discrepo do espírito da anotación que publicou Gracia Santorum, co título «Inxección de moral», no seu excelente blog Trafegando ronseis. Gracia parte do meu tuit para establecer unha reflexión chea de desalento sobre a situación da lingua galega. Non se trata de que eu non coincida con ela (que é unha persoa con criterio) na súa preocupación polo futuro da lingua. Coincido, sen dúbida. Co que non coincido é co feito de que se vencelle ou se valore o Culturgal por un cometido que non é o seu (o da normalización lingüística). E, así e todo, teño a seguridade de que o Culturgal contribúe, indirectamente e moito, a prestixiar a nosa lingua a través da cultura.
O Culturgal é unha conquista da cidadanía galega (non debemos aforrar esforzos para afortalar o seu futuro, cada día máis sólido) e valoralo desde unha conciencia derrotista non lle fai favor ningún á nosa cultura. Pola contra, o derrotismo é unha arma perigosísima que se instrumentaliza desde o poder para conseguir a esgazamento moral dos que traballamos a favor do país. Hai séculos que é así. A derrota moral e sempre é previa á derrota total. Eu, xa que logo, non me deixarei abater por un espírito derrotista que só nos prexudica. É certo que ás veces é preciso dar a voz de alarma e tamén o é que, ás veces, certo derrotismo serve nalgúns foros para aguilloar, para avisar, ou sensibilizar, como estratexia. Eu mesmo fíxeno nalgunha ocasión. Pero, afortunadamente, o camiño que nos ensina o Culturgal é o do triunfalismo (o da euforia de reafirmarnos ante a excelencia cultural que produce unha cidadanía se cadra minoritaria, pero dinámica, imaxinativa e activísima), que é unha estratexia moito máis acaída e certeira non só para protexer e difundir a nosa cultura senón para a súa perpetuidade no tempo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)