30.11.06

Concerto

Magnífico, o concerto que deu hoxe Marful na Universidade de Vigo. O público estivo plenamente entregado non só con Ugia Pedreira, que soubo gañarse o auditorio paso a paso, senón cuns músicos de gran altura que demostraron a súa inmensa valía. Mañá, Ugia Pedreira estará no Liceum do Porriño, pero con Nordestin@s, outro novísimo grupo ao que tiven a ocasión de ver, rematando o verán, no Teatro Principal de Compostela. A música galega renóvase cunha calidade envexable. A miña primeira colaboración para o cultural dos venres de El País, a vindeira semana, será precisamente sobre Marful.

Ningún comentario: