
Hai un libro recentemente publicado que non convén perderse. Á marxe da miña manifesta paixón polo microrrelato, a de Camilo Franco é unha obra literaria con maiúsculas, para sacarmos o sombreiro. Non só polo seu demostrado dominio do xénero breve senón pola potencia narrativa que encerra
Palabras contadas e pola súa sorprendente capacidade para atopar unha ironía corrosiva e contemporánea.
Palabras contadas é
Camilo Franco en estado puro e fai gala dunha sinceridade descarnada e insultante. O libro constitúe, ademais, un intelixente e provocador desafío ao sistema literario galego (perdón
María, por empregar o sintagma maldito). Un libro a ter moi en conta.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.