Cal é o motivo da súa queixa?
O MOTIVO DA MIÑA QUEIXA É O RECENTE DICTAME DO VALEDOR DO POBO A FAVOR DA PROTESTA PRESENTADA POR PEDRO LARRAURI, COORDINADOR DE UPyD EN VIGO, REFERIDA AO LIBRO DE TEXTO DE VICENS VIVENS DE 5º DE PRIMARIA. ESE DICTAME NON RESPECTA O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA NO PUNTO ONDE DI QUE "O GALEGO É A LINGUA PROPIA DE GALICIA" E, ENTENDENDO QUE O VALEDOR DO POBO NON IGNORA UN FEITO TAN OBVIO, RESULTA EVIDENTE QUE ESE DICTAME FAVORABLE SE FIXO AÍNDA SABENDO QUE O DEMANDANTE NON TIÑA RAZÓN.XA QUE LOGO, PRÉGOLLE QUE RECTIFIQUE A SÚA DECISIÓN, PIDA DESCULPAS Á EDITORIAL E AOS CENTROS DE ENSINO AFECTADOS E PROCEDA, EN CONSECUENCIA, A SOLICITAR (E, NESTE CASO, EXECUTAR)A INMEDIATA DESTITUCIÓN (DIMISIÓN) DO VALOR DO POBO; É DICIR, A SÚA PROPIA.
COMO PAI E COMO DEMANDANTE, ASEGÚROLLE QUE TEÑO UNHA FILLA EN IDADE ESCOLAR EN 5º DE PRIMARIA QUE UTILIZA ESE LIBRO DE TEXTO E NON QUERO BAIXO NINGÚN CONCEPTO QUE SE LLE CENSURE UN FEITO QUE RECOÑECE O PROPIO ESTATUTO GALEGO: "O GALEGO É A LINGUA PROPIA DE GALICIA". POR PARTE DO VALEDOR DO POBO, ESTA RESOLUCIÓN CONSTITÚE UN ACTO DE CENSURA EXECRABLE. PROCEDA, POR FAVOR, COA MIÑA DEMANDA.
Contra que órgano da Administración da Comunidade Autónoma, Concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?:
CONTRA O VALEDOR DO POBO
Poña aquí calquera outro dato que considere de interese:
O VALEDOR DO POBO VÉN DEMOSTRANDO DÍA A DÍA A SÚA INTOLERANCIA COS DEREITOS DOS GALEGO-FALANTES A TRAVÉS DAS SÚAS RESOLUCIÓNS. ESTE FEITO DEBE SER TOMADO COMO ANTECEDENTE DA RESOLUCIÓN CÓMPLICE COA PROTESTA PRESENTADA POR PEDRO LARRAURI, COORDINADOR DE UPyD EN VIGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario