Ao abrigo de Transición amarran
poemas que erguen a voz e loitan, versos que non esquecen nin un só nome,
poemas de sombras, de fuel; pero tamén poemas que xogan a ser música, que
desfán as sílabas en compases, xogo que Fran domina con delicia, e tamén poemas
onde o lector percorre a casa, os ruídos das portas dos veciños, poemas con
vistas a ese Vigo que se deita como un animal adormecido. Transición é
un libro de moitas caras pero, sobre todo, de moitas falas.
maríalado
Transición é un poemario que contén un CD con poemas na miña voz e na de María Lado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario