Grazas ao enlace de Brétemas, puiden ver o documental Linguas cruzadas, feito para a TVG por María Yañez e Mónica Ares. Interesantísmo. Ninguén preocupado pola situación do galego hoxe nas novas xeración pode deixar de velo. Un documento excepcional, con inestimables aplicacións didácticas. Imprescindible para entender a situación sociolingüística de Galicia e a actitude das novas xeracións con respecto á lingua galega.
28.5.07
27.5.07
Valoración de urxencia
Os resultados electorais, con moi altos índices xa de voto escrutado en toda Galicia, son algo frouxos para o BNG (caída escandalosa en Ferrol, forte e inmerecido desgaste en Pontevedra), que consegue resultados pobres en case todo o país (con algunhas excepcións, sobre todo nas vilas de tamaño medio, e con moi bos resultados para o BNG de Arauxo, que gobernará Gondomar, polo que a min me afecta). En Vigo, o BNG paga a errática política destes anos, e con todo Santi Domínguez conseguiu uns resultados modestos pero dignos. Gobernará Abel Caballero con apoio nacionalista; non hai outra alternativa posible.
Os resultados, en xeral, son bastante bos para o PSOE que, a pesar de perder a maioría absoluta na Coruña ou baixar en Santiago de Compostela, consegue resultados vantaxosos e afiánzase en moitas localidades
O grande perdedor da xornada electoral, en termos xerais, é o PP, que ve retrocer de xeito abismal a súa capacidade de influencia aos eternos reductos que mantén no rural, perdendo as únicas cidades en que gobernaba (Vigo e Ourense), perdendo a Deputación de Lugo, dando paso que o cambio se afiance.
Desde logo, unha vez máis o BNG ten que repensar seriamente a súa estratexia, a súa capacidade de interlocución e a súa mensaxe, se non quere que o PSOE o faga desaparecer das cidades nas próximas municipais. O BNG perdeu precisamente o voto que sempre deu por máis firme: o voto urbano.
Falta o número total de votos para poder realizar unha valoración máis axustada, pero estas son as miñas primeiras impresións.

Baiona, 75%
O PP obtería 8 concelleiros; o PSOE 6 concelleiros; o BNG 2 concelleiros; e CMÑ 1 concelleiro. O mellor da xornada, desaparece Chicho, co seu VIB, que non obtén ningún concelleiro. Era un fósil do pasado máis esperpéntico.
Muxía, 67%
En Muxía, co 67% escrutado perde a alcaldía o rexidor máis repelente de Galicia durante a crise do Prestige: Alberto Blanco, do PP. O PSOE obtería 6; o BNG obtería 1; e o PP obtería 6.
Gondomar, 65%
Espero impaciente.
PP: 7 concelleiros; BNG: 5 concelleiros; PSOE: 4 concelleiros; Move Gondomar: 1 concelleiro.
De mantérense esta porcentaxe (aínda moi baixa), teriamos alcalde do BNG nun goberno de coalición co PSOE.

Labels:
Eleccións,
Eleccións municipais 2007,
Gondomar,
Val Miñor
Vigo, 85 %
Co 85 % escrutado, en Vigo o PP obtería 13 concelleiros, o PSOE 9 concelleiros e o BNG 5 concelleiros. Desaparece, por fortuna, o Partido Galeguista. Goberna a esquerda.
Enquisas a pé de urna
As primeiras enquisas a pé de urna permítennos facer unha primeira e provisional valoración sobre os resultados electorais nas cidades, convencido de que o escrutinio en tempo real variará estes resultados. Sigo a enquisa de Ispsos para a TVG, a que ofrece a información máis completa para Galicia. En Vigo, o PP non obtén a maioría absoluta, e pode gobernar o PSOE en coalición co BNG, que mantén uns resultados "dignos". Esperable. Unha boa noticia é a desaparición do perverso Manuel Soto e o seu Partido Galeguisa.
En Ourense, o PP parece non chegar tampouco á maioría absoluta, co que se produciría un goberno de esquerdas, bastante nivelado entre PSOE e BNG. Excelente noticia para o desmoronamento da dereita en Galicia.
En Pontevedra é onde se produce un resultado máis desconcertante, cun BNG que cae de xeito inesperado, aínda que seguirá gobernando en coalición cun PSOE moito máis forte. Sorprenden os bos resultados do PP, con Telmo Martín á cabeza, aínda que non lle dan para lograr o goberno da cidade.
Na Coruña, o feito de que o PSOE se vexa obrigado a gobernar co BNG é, sen dúbida, unha das mellores novas da noite, logo de tantos anos de perverso pacovazquismo.
En Lugo, o PSOE continúa gobernando, agora sen maioría absoluta, pero os resultados son cativos para o BNG.
O mesmo sucede en Santiago de Compostela, onde cómpre resaltar os bos resultados do PP.
Quizais outra das sorpresas da enquisa é Ferrol, onde o BNG se esnafra, logrando o PSOE un gran ascenso. O PP non conseguiría gobernar nin sequera pactando cos independentes.
O máis destacable dos resultados electorais é que o PP non conseguiría gobernar en ningunha das setes cidades galegas, polo que estas municipais son un duro golpe para a dereita e paso adiante no seu necesario desmoronamento e no importante proceso de cambio iniciado nas autonómicas pasadas (ou mesmo nas últimas municipais).
Quedan por ver moitos datos importantes, as cifras globais, e moitas pequenas poboacións, algunhas delas simbólicas.
Eu espero impaciente os resultados de Gondomar. Todo o Val Miñor precisa novos aires. Seguro que, esta vez, chegan. Será unha noite longa.

23.5.07
Ao volante
Como me sucede tamén outros anos, durante este mes non paro de percorrer Galicia de arriba a abaixo, dando charlas nos centros de ensino, non só sobre María Mariño senón sobre calquera dos meus outros libros. Curiosamente, a maior parte dos actos culturais dos institutos e colexios concéntranse en maio, polo que comprobo que as Letras Galegas teñen un efecto imán importante.
Onte luns, por exemplo, fun a Santa Uxía de Ribeira. As obras na mortífera Vía Rápida do Barbanza (que devolveron o tráfico á antiga estrada xeral, con retencións continuas, lentísimo tráfico pesado e paso constante polo centro das poboacións) trasladáronme moito tempo atrás, cando tiña 18 anos, traballaba para unha axencia de viaxes en Santiago de Compostela e conducir algún coche (que me prestaban) de Santiago a Vigo levaba perto de dúas horas tensas e interminables.

Hoxe martes estiven pola mañá en Culleredo, falándolles de María Mariño a rapaces de primaria, e pola tarde en Fene, falándolles de Cartas de amor e Poetízate a rapaces de secundaria. Ao rematar, saín de Fene cun sol explendido –as aulas do instituto asoman a un mar fermoso– e un día despexado, que se foi cubrindo a medida que me achegaba a Compostela e que se fixo noite pecha (ás sete da tarde) á altura de Padrón, con todos os vehículos circulando coas luces prendidas. Pouco despois de sobrepasar a área de servicio de Caldas de Reis o ceo rompeu sobre as nosas cabezas (a nada lle tiña Asterix máis medo que a iso) e, ademais dunha chuvia de lóstregos, sobre a autoestrada desprendeuse unha tromba de auga tan forte e tan impactante que non se vía absolutamente nada. Debo recoñecer que pasei medo. Durante máis de dez minutos, os coches circulabamos pola autoestrada a 60 quilómetros por hora con visibilidade practicamente nula. Logo de vinte e cinco anos ao volante collendo o coche diariamente (sen que nunca, por fortuna, me tocase sufrir un accidente) hoxe paseino mal. Moito peor que cando tiven que circular por Gran Bretaña polo carril contrario ao que estou habituado ou por África por unha vía de terra cun coche sen freos. A situación de hoxe lembroume unha vez que comducía por unha autoestrada francesa, en dirección a Pau, e caeu unha chuvia de granizo tan intensa que todos os vehículos se detiveron nas beiras e ninguén se atreveu a reanudar a marcha até que todo rematou. E, a pesar de que non me disgusta conducir, recoñezo que cada vez me esgota máis.

19.5.07
17.5.07
Xogar con María Mariño
Para pasar ludicamente o Día das Letras Galegas, nada máis divertido que este xogo. Ten algunha pequena inexactitude nas respostas do circuíto de María Mariño, pero está moi ben feito e realizado. Parabéns a Xosé Antón Vicente Rodríguez. Hai dous circuítos: María Mariño e Letras Galegas.
Xogade!!!!
Xogade!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)