Os vindeiros xoves e venres celébrase o
IV Simposio sobre o Libro e a Lectura, organizado pola
AGE. O prazo de
incrición permanecerá aberto até o mércores. Coa conferencia inaugural a cargo da directora de
Lumen, Silvia Querini, abrirase unha edición dedicada, nesta ocasión, ao candente tema de libro e mercado, analizándose as tensións e implicacións entre o mercado e todos os elos da cadea do libro: os autores, os editores, os libreiros, as axencias literarias... O subdirector da revista
Qué Leer, Antonio González Iturbe; o director do grupo portugués
Edições Asa, Manuel Valente, o presidente da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (
CEGAL), Fernando Valverde; a
axente literaria Mónica Martín; o director de
Cultura da FNAC, Ramón Reboiras; a escritora e crítica literaria
Inma López Silva; ou o responsable do suplemento Culturas de
La Voz de Galicia son algúns dos participantes. O programa completo pode verse
aquí.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.