18.10.12
O que sucede en Internet coa nosa información
Hai un vídeo, producido, seica, pola Federación Belga do Sector Financeiro que, por evidente, causa sorpresa. A través dunha broma, reflexiónase sobre o que pode suceder con toda a información que proporcionamos publicamente en Internet (especialmente nos nosos perfís das redes sociais). A conclusión é que se poden averiguar moitas cousas de nós debido a todo aquilo que compartimos. O vídeo está subtitulado a partir dunha tradución feita por Informatica Legal (unha web arxentina sobre o dereito no mundo dixital) e trata de poñer en alerta aos usuarios das redes sociais. O protagonista do vídeo é un suposto adiviño-mentalista que é quen de ler nas mentes das persoas, pero en realidade bota man da información que obtén da rede. Desde logo, aínda temos moito que reflexionar sobre esta cuestión e sobre para que e en que mans poderían caer os nosos datos persoais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Encantoume este vídeo para usalo coa rapazada. Parabéns e grazas por compartir.
ResponderEliminarMoitas grazas, Pilar! Excelente idea, a túa. A verdade é que os rapaces son bastantes inconscientes con respecto ao emprego da información na rede.
ResponderEliminar