A finais de mes (do 28 de xaneiro ao 2 de febreiro) dará comezo a cita ineludible co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que coordina Helena Torres. Esta novena edición ten como tema central o mar. En palabras da coordinadora "ímonos somerxer nun mar que ule a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas".
No salón haberá música, danza, teatro, contadores de historias, aventuras, exposicións, e unha homenaxe a Xabier P. Docampo, que contará como foi a primeira vez que viu o mar.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.