¿Queredes saber que me trouxo o novo ano? Pois nin máis nin menos que un novo parón tecnolóxico para meu adsl, parón que me impediu falar do último concerto ao que
asistín en Vigo para escoitar o cuarteto
Es un árbol, que cantan básicamente en galego (tamén introducen o inglés e ocasionalmente o castelán para
parodiar a música disco) e pagan, de verdade, a pena. Son grupo residente na Sala Ensalle, así que non tedes máis que consultar a programación.
Podedes escoitalos na súa
web, pero é moito mellor o directo paródico e experimental que ofrecen, por veces con sons próximos ao jazz (sen saxo nin trompeta), cuns cambios de ritmos moi áxiles e moi intencionados e contundentes remates para cada tema. Eu xa vira na mesma sala a algúns músicos deste grupo cando conformaban «Otro juego de té», e quedara fascinado por un abraiante espectáculo musical de experimentación vocal no que participaba
Mónica de Nut.
De Telefónica falaremos outro día.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.