12.1.07

O novo rostro da música galega

Hoxe publícase no suplemento cultural Luces de El País a miña nova colaboración, titulada «O novo rostro da música galega». É unha crónica bastante panorámica sobre a situación da música galega hoxe, que me foi encargada expresamente. A pesar de que o meu interese se centra máis no pop e no rock, ao final o folc ocupa algo máis de espazo. Con todo, ten razón Xurxo Souto cando di que neste momento falar de pop, de rock ou de folk é erróneo porque constitúen etiquetas importadas que ocultan a verdadeira orixinalidade dunha música que xa non ten denominación posible. Son consciente de que na miña colaboración quedaron fóra moitos grupos, pero o número de caracteres de que dispoñía, coma sempre, tiña límites.
No vídeo, o San Benitiño de Lamatumbá.

Ningún comentario: