Nas últimas semanas circularon polas salas de cine, de xeito case simultaneo, tres películas literarias, tres películas que abordan a literatura como tema.
Teño a impresión, polo que puiden ler, de que a máis valorada pola crítica foi Paterson, curiosamente a que a min menos me gustou. Dirixida por Jim Jarmusch, Paterson conta a historia dun condutor de autobús que escribe poesía e faino nunha cidade, Paterson (New Yersey, USA), que foi berce de Allen Ginsberg e residencia literaria de parte da obra de William Carlos Williams, o poeta ao que o condutor do bus máis admira. A película, que se fai extremadamente aburrida, vai narrando o proceso de escrita do protagonista e a súa relación coa contorna. É, precisamente, a mirada poética que lanza sobre o seu redor en torno ao cotián o máis interesante dunha película que, lamentablemente, non consigue atrapar o interese do espectador ou espectadora e, nin tan siquera, espertar o interese pola poesía. A escasa consistencia do argumento non se contrarresta con ningún outro mecanismo que a faga atractiva e apetecible. Teño que dicir que me defraudou enormemente, cando menos con respecto ás expectativas creadas. Se do que se trata é de ver a linguaxe cinematográfica imbuída da linguaxe poética, hai películas que son verdadeiros referentes, como Bestias del sur salvaje ou Léolo. Se do que se trata é de levar a poesía ao cine como tema, sería conveniente facelo de xeito bastante máis atractivo, sen abandonar a propia linguaxe cinematográfica, porque a palabra espida, no cine, esixe que se combine coas regras propias da pantalla.
A segunda película literaria foi El editor de libros, dirixida polo británico Michael Grandage (por certo, titulada Genius na versión orixinal). Conta a relación entre o escritor Thomas Wolfe e o seu editor e descubridor Max E. Perkins (editor de Hemingway e Scott Fiztgerald) nun tempo en que a edición era ben diferente a hoxe e os editores aínda mandaban nos mercados. A película reflicte bastante ben a obsesión creativa de Thomas Wolfe e os seus excesos coa palabra, excesos que axiña corrixe o seu editor, entregado a el e os seus libros en corpo e alma. Unha das cuestións que se abordan con máis acerto son as dúbidas que asolan ao editor á hora de intervir decididamente no texto do escritor e as preguntas –que quedan no aire– de cales deben ser os límites, onde está a fronteira entre a colaboración e o desvirtuamento, entre a suxestión e a imposición; ata onde pode chegar a diferenza entre a obra orixinal e a obra publicada. Eu creo que o teño bastante claro, pero, como na película, tampouco o vou desvelar.
Unha reflexión literaria desde o cine que se deixa ver con gusto e interese. Por certo, salvando as distancias esta película ten ese aquel de ficcionar os propios escritores que me lembrou unha novela en torno á... literatura? que lin este ano, e que espero ter tempo para comentar algún día en Cabrafanada.
E a terceira película literaria destas últimas semanas foi para min, sen dúbida, a mellor das tres: El ciudadano ilustre, dirixida por Mariano Cohn e Gastón Duprat. Trátase dunha proposta arxentina que relata a historia dun recoñecido escritor (ficticio) que gaña o Premio Nobel e case inmediatamente é convidado polo alcalde da súa vila natal a unha serie de actos na súa honra. O escritor, que vive en Europa e abandonou o lugar onde naceu cando era moi novo, hai máis de 40 anos, e nunca regresou, decide cancelar todos os seus compromisos e aceptar o convite. Máis que unha película sobre a literatura, é unha película que nos obriga a reflexinar, desde a súa ironía e sarcasmo devastadores, en torno a como a literatura e a figura do escritor/a son vistos pola sociedade e como a dimensión mediática do escritor/a interfire na súa relación cos demais. Pero o debate céntrase, moi especialmente, nos convencionalismos da arte en relación co seu entorno, na súa proxección mediática, na capacidade ou disposición do escritor de compracer o poder cando todos esperan que o faga e na incomodidade e os problemas que provoca o feito de que o escritor/a non acepte esas convencións e reivindique a dimensión irreductible e insubornable da literatura como arte, como rebeldía. Cunha trama magnificamente ben construída e moi ben dosificada, a narración fílmica consegue envolvernos nunha atmosfera que chega a ser terriblemente inquedante.
Que sexa benvido o cine que aborda a literatura desde a gran pantalla, pero se tivese que elixir unha destas tres películas, sen dúbida ningunha, quedaría con esta última.
31.12.16
21.12.16
O relato mordaz de Yolanda Reyes: «El terror de Sexto B»
El terror de Sexto "B", de Yolanda Reyes. Un libro excepcional. A
escritora Yolanda Reyes é unha das miñas debilidades literarias no
ámbito infantil e xuvenil. Directa, mordaz, cunha abraiante forza
narrativa e unha inusitada capacidade para meterse na pel dos seus
personaxes, en El terror de sexto B, a escritora colombiana aborda os
conflitos da infancia e adolescencia no ámbito escolar a través de
diversos relatos eficaces, divertidos, cheos de gracia e gran altura
narrativa.
2.12.16
Poetic@, na corda frouxa. En... 2ª edición?
Hai mes e medio, parte da programación de Poétic@ deixou de funcionar debido a unha actualización automática do software. Ese feito obrigoume a revisalo e actualizalo, un proceso, por certo, con custes que se cadra sitúa unha obra dixital de ciberpoesía coma esta nunha... 2ª edición? Probablemente se poida considerar así. Entre outros motivos porque, ademais de actualizar a programación, aproveitei para facer pequenos cambios. Algúns son pouco relevantes, como o de incorporar á portada a información do galardón que recibiu (Premio Gala do Libro Galego ao Mellor Proxecto Literario en Internet). Pero algún outro foi relevante e afecta á navegación, que agora é moito máis áxil: fixen desaparecer a miña longa introdución, é dicir, o limiar, ao que agora só se pode acceder a través dunha ligazón, pero non a través da navegación páxina a páxina.Entretanto, publicouse unha recensión relevante sobre o libro, relevante porque aparece nun ámbito especializado en Literatura Electrónica: Proxecto Le, recensión que agradezo desde aquí.
No pasado mes de xuño publicouse un artigo meu sobre Poétic@ no semanario Sermos Galiza; unha valoración persoal sobre a súa recepción pública e crítica que partiu dunha iniciativa da AELG. Aproveito este momento para ofrecer en Cabrafanada unha versión que actualicei lixeiramente xa no mes de setembro, que tamén se pode descargar en pdf nesta ligazón.
Poétic@, na corda frouxa
Pasou
máis dun ano desque publiquei Poétic@
na web, unha forte aposta persoal, de literatura electrónica, tan novidosa como
arriscada. Así que agradezo este oportuno convite que se me fai desde a AELG e Sermos Galiza para falar do libro. Poétic@ é un libro de poesía electrónica
e transmedia, de acceso libre (www.poetica.gal) que foi concibido e escrito
desde a curiosidade, a intuición e a experimentación. Conduciume ata ela o meu
interese por investigar, innovar, e un certo gusto por escribir desde a corda
frouxa, posición na que tamén, certo, sinto inseguridade.
Nunca
un libro de poemas (Poétic@ é, en
definitiva, un libro de poemas) me roubou tantas horas, esforzo e dedicación. A
cambio, agasalloume unha prolongada conxuntivite a causa do exceso de horas
diante pantalla, transgredindo os lindes razoables do descanso. E deixoume a
boa experiencia de traballar con Kris Darias, programadora imprescindible para
resolver cuestións técnicas.
A
recepción crítica de Poétic@ apenas
xerou debate literario, se ben a concesión do Premio ao Mellor Proxecto
Literario na Rede que se lle outorgou hai un mes na Gala do Libro Galego
reavivou a súa actualidade. E aínda que facer visible Poétic@ resultoume bastante máis difícil do que contaba, recoñezo
que xoga ao meu favor, fronte a outros creadores que se desenvolven
exclusivamente no ámbito da literatura electrónica, o feito de ter ás miñas
costas un aval de 25 anos de traxectoria literaria e, sobre todo, moitos
títulos publicados en papel. Ora ben, en strictus
sensus, chama a atención que Poétic@
fose recibido unicamente con dúas recensións críticas –á que en outubro de 2016 se lle suma a publicada en Proxecto.le) e non atopase oco en
ningún suplemento literario de revistas ou xornais. É dicir, que foi menos
recensionado que a reedición do meu libro Silencio
e moito menos que os meus recentes Contos
nerviosos. Tamén é significativo que Poétic@
non fose citado en case ningunha das panorámicas críticas que revisaron o
pasado ano literario 2015. A miña proposta para presentalo no Culturgal, por
primeira vez de forma física, a través dun recital multimedia tampouco foi
aceptado pola organización.
Un ano despois, pregúntome, intrigado, como
tería sido a recepción do libro se o publicase exclusivamente en papel. E digo
isto porque entendo que este comportamento está estreitamente ligado ao que
sucede coas publicacións que empregan soportes alternativos e ao lóxico desconcerto
que provoca Poétic@ con respecto ao
tratamento que se lle debe outorgar.
Probablemente
cabe dentro desa interpretación o feito de que só 36,65% das visitas a Poétic@ procedan do Estado español e que
un 15,79% procedan dos Estados Unidos, así como que o 61% das visitas
pertenzan a menores de 34 anos, o 15,50 % teñan entre 35 e 44 anos e a franxa
de idade á que eu mesmo pertenzo supoña unicamente o 12,50% das visitas.
Malia
existiren traballos pioneiros anteriores, o certo é que a nosa literatura apenas
dera pasos significativos nese sentido. A literatura electrónica aséntase e
procede das literaturas anglófonas (as que teñen o poder de irradiar a cultura
cara ao resto do mundo) e de sociedades tecnoloxicamente innovadoras. Nas
linguas peninsulares, a súa existencia é tímida. E, con todo, intúo que a nosa
concepción da literatura vai mudar no futuro próximo. A realidade é que a Internet
das Cousas comeza a acompañarnos na nosa vida diaria, os aparellos intelixentes
modifican os nosos xeitos de ocio, a narración multimedia apoderouse das formas
de contar actuais, a robótica e a biotecnoloxía teñen a forza dunha bola de
neve e a intelixencia artificial cambiará, probablemente, a nosa relación co
feito literario. Booktubers, redes sociais e plataformas de lectura nos
teléfonos móbiles están xa a mudar radicalmente os hábitos de lectura dos nosos
adolescentes. E se a sociedade está a transformarse tan vertixinosa, sen apenas
darnos tempo a que nos decatemos, a literatura non vai saír indemne de todo
isto.
8.11.16
Un sopro de aire fresco en portugués slam: «Nómada», de Joana Cabral
Hai bastantes anos descubrín e merquei Nómada, de Joana Cabral, nalgunha libraría portuguesa. Lina de inmediato. Lamentablemente, nunca poiden localizar a segunda e, que eu saiba, derradeira novela desta autora, A cabra urbana. Publicada en 2007, está descatalogada desde hai tempo e non volveu publicar ningunha outra. Tampouco ela, Joana Cabral, deixou demasiada pegada da súa prensenza en ámbitos literarios, apenas unhas migallas de Polgariña perdida na fraga escura. Ás veces teño a intuición de que podería ser unha escritora espectral vencida polas brétemas da decepción.
Nómada (2004) é un desas novelas tan desenfadadas e tan afastadas do canon da literatura portuguesa que, se callar, naceu condenada a pasar desapercibida nun país con tendencia ao academizante. Fresca, escrita nun portugués slam (do que aprendín moito vocabulario da rúa) nace coa vocación de reflectir o fastío e a estupidez das clases acomodadas en Lisboa desde a visión dunha rapariga rebelde e desencantada que decide fuxir da rutina nunha aventura á beira da ilegalidade. Unha especie de Thelma e Louise, pero menos efectista e máis apegada á terra. Gostei moito.

Labels:
Joana Cabral,
Lecturas,
Lisboa,
Literatura,
Nómada,
novela,
Portugal
17.10.16
Castelao: a alquimia do humor na literatura
Sempre me preguntei por que estes dous libros tan contrapostos de Castelao se editan xuntos. Supoño que debido a ese criterio extraliterario pero práctico que é a extensión. Un (Retrincos) representa a sensibilidade e oficio dun
escritor excelente; o outro (Un ollo de vidro) representa ao humorista
que desborda e afoga ao escritor, naufragando no seu intento de facer boa
literatura. En Retrincos, en cambio, vemos un escritor sublime, que é
quen de converter a anécdota en dor e vida e levala ao papel nun engaiolante
proceso de alquimia literaria que dosifica o humor con sabedoría. Dúas obras, dous Castelaos.
Labels:
Castelao,
Galaxia,
Galicia,
Humor,
Lecturas,
Literatura galega,
Retrincos,
Un ollo de vidro
3.10.16
Carlos Fuentes e a non ficción da guerrilla colombiana
Agora que as FARC e o goberno colombiano parecen dispostas a
un acordo definitivo de paz, mesmo malia o resultado adverso do referendo, e parece consolidado ese alto o fogo co que a guerrilla manifesta a súa vontade de deixar armas, é bo
momento para ler a novela póstuma de Carlos Fuentes.
Aquiles o El guerrillero y el asesino (con ese título que non me gusta nada) é unha magnífica novela de non ficción que dá conta da vida e morte de Carlos Pizarro, comandante e líder da guerrilla do M-19 que foi asasinado en 1990 logo de deixar as armas e integrarse á vida política pola vía dun acordo de paz.

Antes de comezar a lectura, a miña memoria botou man
doutras novelas que abordasen o tema da guerrilla en América Latina, como La montaña es una inmensa estepa verde,
de Omar Cabezas, que no seu día me trasladou á montaña das incursiones
guerrilleiras, os encontronazos co exército e as camiñatas inacabables. Pero a
de Carlos Fuentes –un escritor incuestionable– é moito máis ca iso e dá conta,
como non podía ser doutro xeito, do seu adn literario.
En realidade, botando man dun título emblemático de
Eduardo Galeano, Las venas abiertas de América Latina, o que aborda o escritor
mexicano na súa novela é a profunda ferida que causou en Latinoamérica o endémico divorcio entre a sociedade civil e a oligarquía política, e os danos
estruturais que esa ferida, persistente ao longo de toda a historia recente,
cincelou na pel dun continente que vive en carne viva o drama da desigualdade
social e da represión.
Desde esa vocación panamericana de Fuentes, a novela
aborda a realidade colombiana: a política, a corrupción, a guerrilla, a ética,
a pobreza, a violencia, a rebeldía, o narcotráfico e a figura dos sicarios, encarnados nun
personaxe chamado Kike. Ese personaxe –como todos os personaxes– constrúese desde esa prosa elegante, intelixente,
suxerente, xoguetona, de percorrido longo, serpeante, que está moi lonxe do
estilo directo e impactante, sen artificios, co que outro bo escritor colombiano
Fernando Vallejo nos falou do seu país nunha novela que non daba respiro: La virgen de los sicarios.
Dise no limiar –de Julio Ortega, responsable da
edición, póstuma– que Aquiles o El guerrillero y el asesino se postula como unha crónica –seica así a
consideraba tamén Carlos Fuentes– e mesmo cita «intentos» doutros narradores contemporáneos entre os que está Javier Cercas (sen dúbida, o narrador español que, a min persoalmente, máis me
interesa desde hai anos).
Será, probablemente, unha crónica, aínda que non me
entusiasma ese apelativo que eu mesmo empreguei hai moitos anos para a miña novela Tráiler. Será, non o sei. Pero o que si
é, e o termo evita a confusión, é unha novela de non ficción (igual que Tráiler, desculpando a comparación, que no seu día combinaba a ficción coa non ficción). E
se o fose –unha crónica, digo– sería unha crónica nada exhaustiva e
acronolóxica, do proceso de conformación e desaparición do movemento
guerrilleiro M-19; unha suposta «crónica»
desdebuxada que se parapeta na linguaxe e na súa capacidade subversiva e
reveladora e que só cata –coma quen pincha a carne no forno para ver se xa está
feita– aqueles latexos do corazón da guerrilla que poñen ao descuberto a
verdade sen que o lector ou lectora presinta que está a ler, verdadeiramente,
unha novela.
E esa é a diferenza desta non ficción de Fuentes coa
non ficción de Cercas: mentres o segundo adoita reconstruír os feitos para
poñer patas arriba a literatura e facela evidente para crear metaliteratura, o primeiro
emprega as novas armas da literatura para que o lector non se decate de que a
literatura é literatura.
E, en calquera caso, ambos os dous son dous
narradores enormes, cunha punzante capacidade transgresora, que consiguen
rachar a estrutura da novela para abordar a realidade desde unha nova ollada.
En fin, esperemos, como querería Carlos Fuentes, que a vontade de paz triunfe, dunha vez por todas, en Colombia.
21.9.16
Europa, pobre Europa
Sempre hai acontecemento que che evocan os teus propios versos. Se cadra, porque aínda che latexan no cerebro. Desde logo, iso é o que me pasou co referendo do brexit en Gran Bretaña.
Europa, pobre Europa, pensei aqueles días entristecido. E lembro o poema que publiquei en 2001, hai xa quince anos, titulado «A guerra, vertedeiro abaixo», que pertence ao meu libro Subversións:
(...)
Europa, pobre e vella europa, que devoras os teus fillos
entanto falas de unión: pobre vella, europa, que lles pechas
as portas aos que veñen nas pateras e ábreste de pernas
para que te penetren con hamburguesas brancas de
Manhattan.
(...)
Certo, esa Europa, esa é a Europa triste, cada vez máis triste, que coñecemos. E esa é a Europa que, lamentablemente, quixemos. Non é, desde logo, a que eu quixen, nin contribuín nunca co meu voto a configurar; pero... é a Europa deseñada polos gobernos que os europeos e europeas elixiron ao longo destes anos.
Eu son profundamente europeísta; érao mesmo cando toda a esquerda alternativa –creo que moi equivocadamente– berraba contra a Constitución Europea que puido ser... e non foi. Son europeísta, claro, desde a conciencia de que os europeos e europeas non só non somos o centro do mundo senón que, ademais, temos unha enorme débeda histórica de solidariedade co resto do mundo.
Por suposto, esta Europa non me gusta.
Por suposto, outra Europa é posible.
Por suposto, existen moitas outras Europas.
E todas poden –e cada vez máis urxe facelo así– construírse desde a Unión e sen fronteiras. Pensar o contrario é anacrónico e confuso.
O brexit –o British Exit– da Unión Europea levou –leva– á equívoca asociación entre o neoliberalismo e a superestrutura da Unión Europea. O brexit é, entre outras cousas, unha consecuencia da aplicación das políticas neoliberais, pero tamén é –e resulta miope negalo– unha consecuencia do crecemento da xenofobia e da extrema dereita. Pero ambas as dúas cousas están intimamente relacionadas.
Con todo, non deixa de ser unha ironía do destino que fose Margaret Thatcher, quen introduciu en Europa o neoliberalismo furibundo e atroz de Ronald Reagan. A «dama de ferro» foi axiña ben retratada polos británicos co alcume The milk snatcher, precisamente por promulgar as primeiras medidas de recortes sociais (o alcume refírese á retirada do leite nas escolas). Máis tarde, a suposta «esquerda» que representaba a Terceira Vía de Tony Blair afianzou o neoliberalismo, novamente desde Gran Bretaña, debilitando, ata ao abandono, o discurso social da esquerda socialdemócrata europea.
Lamentablemente, a Unión Europea actual é a máis marcadamente neoliberal das existentes ata o de agora. E nunca se construíu unha Unión Europea social, transparente e alternativa porque Europa votou, masivamente, aos representantes neoliberais, especialmente nos últimos anos. Ora ben, iso non quere dicir que desde dentro das institucións europeas non sexa posible construír outra Europa.
Todo o contrario; a estrutura da unión é hoxe máis necesaria e imprescidible ca nunca para poder combater ese neoliberalismo aínda moito máis agresivo e salvaxe que se intúe nun futuro nada afastado. Pero, teñámolo claro, ese neoliberalismo que está a facer niño no mundo, ese neoliberalismo impío e marcadamente indomable, non vén da man dos representantes electos para os gobernos estatais ou europeos –que constitúen, simplemente, a súa correa de transmisión, os tristes executores– senón da man do incalculable, crecente e impredicible control das multinacionais e dos intereses financieiros que deseñan os grandes grupos de poder mundial.
As novas tecnoloxías (das que cómpre apropiarse criticamente xa) permitiron non só a globalización senón a deslocalización e, sobre todo, a descentralización dese poder case invisible que actúa tiranicamente sobre a cidadanía do planeta. E, lamentablemente, os gobernos estatais (sexan compracentes ou alternativos), anclados en estruturas administrativas pertencentes ao pasado, non son nin serán quen de facer fronte a ese enorme poder financieiro. Mesmo a liberdade de expresión se ve ameaza, pero non polos Estados.
E que pasa, por exemplo, se Facebook decide practicar a censura en Noruega? Que lei dese país pode impedirllo á unha compañía estadounidense? A liberdade de expresión dirímese hoxe no control de Internet e das Redes Sociais. Que Estado europeo pode, de seu, lexislar sobre Google, Twitter, Facebook, Amazon, Instagram, etc, etc, etc. e todas as súas normas de uso, condicións, intereses e caprichos?
De seu, a Unión Europea, constitúe un organismo supraestatal, global, multicultural, con diversos brazos, internacional e multi-identitario, que é moito máis eficaz e capaz para facerlle fronte ao poder económico, se houbese vontade política para iso (hoxe por hoxe, lamentablemente, non a hai). Xa que logo, non só por cuestións que teñan que ver coa propia identidade europea senón tamén por cuestións prácticas, estruturas como a da Unión Europea son máis necesarias ca nunca, porque unicamente desde administracións coma esa, globalizadas e hiperestatais, é posible ditar leis que devolvan o poder á cidadanía. O que sucede en Grecia é o exemplo máis visible e máis triste da impotencia dun Estado para actuar en solitario, aínda que neste caso os seus propios contrincantes estean na propia Unión.
Debilitar hoxe a Unión Europea é ancrónico e supón debilitar o futuro do poder e o control da cidadanía. E, por moito que algúns equivocados dogmas da esquerda máis social pensen o contrario, a alternativa non consiste en dinamitar as estruturas administrativas europeas e as súas institucións senón en combater o liberalismo desde a acción e o pensamento da esquerda (desde unha esquerda crítica e eficaz) para cambiar o sentido das políticas da Unión e contruír outra nova Europa, posible, que recoñeza as plurinacionalidade, a diversidade, a xustiza social, a transparencia, o diálogo, a soberanía absoluta da cidadanía. Debilitar hoxe a Unión Europea, reitero, é anacrónico e terriblemente ineficaz.
Isto exprésao extraordinariamente ben o sociólogo e pensador Zygmunt Bauman (unha das mentes máis capacitadas para analizar a sociedade actual, creador do termo «modernidade líquida»): «Ese matrimonio entre poder e política en mans do Estado-nación rematou. O poder globalizouse pero as políticas son tan locais coma antes. A política ten as mans cortadas. A xente xa non cre no sistema democrático porque no cumpre as súas promesas. É o que está a poñer de manifiesto, por exemplo, a crise da migración. O fenómeno é global, pero actuamos en termos parroquianos. As institucións democráticas non foron deseñadas para manexar situacións de interdependencia. A crise contemporánea da democracia é unha crise das instituciones democráticas».
Ao meu ver, resulta inxenuo pensar que o brexit supón a recuperación da soberanía cando os estados hoxe non son quen de controlar o poder financieiro trasnacional, nin as regras impostas polos xigantes tecnolóxicos e sométense ás leis e imposicións das multinacionais. Nese control é onde estaría, precisamente, a verdadeira soberanía nacional e cidadá hoxe.
Se alguén pode poñerlle fin ao neoliberalismo invasivo e abrasador co que o poder financeiro pretende neutralizarnos e silenciarnos para converternos en súbditos en vez de cidadáns é a resurrección dunha Europa, racional, libre, ilustrada, cívica, democrática, capaz, laica, social, transparente, próxima, diversa e, sobre todo... unida. O que cómpre é reinventar a Unión Europea e, para iso ningún pobo ten que renunciar á súa identidade.

Brexit,
esquerda,
Europa,
Gran Bretaña,
Neoliberalismo,
Política,
Unión Europea
7.9.16
Raduan Nassar: sensualidade, cólera, dominación e masculinidade
Aproveitando a concesión do Premio Camões 2016 ao escritor
brasileiro Raduan Nassar, que provocou a reedición da súa escasa obra por parte da
editora Companhia das Letras, merquei na libraría Bertrand un exemplar da súa novela
de culto Un copo de cólera. Escrita
en 1970 e publicada oito anos despois, ten as características que en principio
máis me interesan a min dunha boa novela: brevidade e intensidade.
Desde logo, é breve e intensa, como tamén é densa, delicada, rica,
complexa, sorprendente, demorada e sutíl e supón un desafío constante para o
lector ou lectora, que debe soster, para desfrutar, os constantes embates do
narrador. Estamos ante un narrador en primeira persoa, masculino (agás no
derradeiro capítulo, cando se pecha a estrutura a xeito de círculo, no que é a
muller a que fala), que narra unha historia de posesión e dominación construída
a partir dun «xogo» de
seducción extraordinariamente sensual.
Ten toda a carga e a potencia da mellor literatura
brasileira, forte, decidida, contundente, implacable nos seus plantexamentos literarios
e na forma de narrar. Un copo de cólera
é un exercicio de estilo esixente, que nos obriga a dar todo de nós, que prescinde
completamente de puntuar pois cada capítulo (e hai seis en toda a novela)
constitúe unha única e longüísima oración. Através da novela, asistimos a ese
xogo de dominación e tamén ao enorme e sutil combate dialéctico da parella protagonista
(aínda que só cando chega o «copo de cólera»), tan matizado, tan cargado de ironía, de viveza, de profundidade e, ao tempo, de banalidade (algo que ocorre con
frecuencia nas discusións de parella).
O problema, que se percibe con claridade case cincuenta anos
despois de ser escrita, é que a dominación é exclusivamente masculina («sabendo
que ela arrebatada pelo meu avesso haveria sempre de gritar é este canalha que
eu amo» ) e a sumisión e o sometemento é exclusivamente feminino («magnífico, você é especial»). Esa
dominación non se precibe tanto na discusión, no combate dialéctico, onde a
muller conserva toda a súa destreza e capacidade, como no acordo, na sedución (patrón da masculinidade
tradicional) e na iniciativa permanente e abouxante do home. E a dominación...,
domina. Tamén no final. Ora ben, é unha novela que non se esquece, especilmente recomendada para lectores e lectoras que gozan co vigor da palabra; a palabra dun escritor que foxe dos medios de comunicación e das entrevistas e que apoiou abertamente a Dilma Rousseff durante toda a operación política que acabou apartándoa do poder.
31.8.16
A forza dos soños
Probablemente nunca tería chegado á lecura da novela Sueños de piedra se non fose pola
recomendación da miña filla. As autoras deste libro, escrito a dúas mans, son
Iria G. Parente (1993) e Selene M. Pascual (Vigo, 1989). Sueños de piedra é unha desas novelas que gabeou exitosamente polas redes sociais, recomendada polos lectores e lectoras e os principais booktubers e blogueiros para conquistar, sobre todo, un público adolescente.
A novela conta as aventuras de tres personaxes que viaxan xuntos para intentar cumprir os seus propios soños, atoparse a si mesmos ou descubrir o sabor da liberdade. O caprichoso príncipe Arthmael, unha moza que foxe da prostitución e que responde ao nome de Lynne e un mago patán son os personaxes que dan vida a unha historia chea de acción, de intriga e de aventuras. Pero, moito máis alá da aventura, o principal logro desta novela é a abraiante profundidade psicolóxica dos personaxes e a súa modulación. A través dos seus comportamentos desfilan os medos, as contradiccións, o desexo, o amor, a frustración, o sexo, os complexos, a construción da personalidade e o valor dos soños do ser humano, moi especialmente nesa etapa de procura e conformación que é a adolescencia. Sobresae a feitura do personaxe de Lynne, tan vivísimo e real, cos seus lóxicos conflitos psicolóxicos que abren o camiño na novela ao tratamento de temas como a violencia machista, a prostitución, os roles de xénero, o papel do corpo, a posesión e os dereitos das mulleres.
As autoras exhiben, ademais, dous acertos técnicos: o emprego da primeira persoa, que alternan os dous personaxes principais (Arthmael e Lynne) e a narración constante en presente. Sen dúbida, unha novela recomendable para todos os públicos.

16.8.16
A Serra do Galiñeiro, un órgano vital
O pasado 17 de abril tiven a oportunidade de ler o Manifesto da VI Andaina pola Serra do Galiñeiro, que escribín a petición da Plataforma, á que lle agradezo esa oportunidade para poder sumarme desde a palabra a unha reivindicación imprescindible. Logo da miña lectura, Manolo Pipas ofreceunos un pequeno recital poético.
Aínda non publicara o manifesto en Cabrafanada e que mellor estes días, cando o lume devora os nosos montes, para facelo, poñendo así as miñas palabras na defensa do noso patrimonio natural e contra a política forestal suicida de Alberto Núñez Feijoo.
As fotos son de Sechu López. O manifesto pode descargarse en pdf nesta ligazón.

Manifesto da VI Andaina pola Serra do GaliñeiroVentos lendarios son os que fecundan as eguas salvaxes dos curros, ventos que pulsan as pólas dos piñeiros. Os cabalos galopan ariscos e libres. Salvaxes e fermosos. Retumba debaixo deles o estrepitoso tambor da montaña. Con estas palabras, ou moi semellantes, describía Eliseo Alonso, que en vida foi veciño desta Serra, os latexos dos montes que hoxe pisamos, os latexos milenarios e riquísimos que só a torpeza e a perversión da política se negan a protexer, roubándolles o rango que teñen de seu: o de órganos vitais. Si, esta serra é o corazón dos nosos vales, as súas vísceras, un enorme tesouro da natureza.Máis abaixo, entre regatos ruadores, dícía tamén Eliseo Alonso, escóitase a canción de pan dos vellos muíños fariñeiros.Escóitase, claro, porque esta Serra do Galiñeiro non é só o corazón que nos fai vivir, non é só o pulmón que nos fai respirar, non é só o ril e o fígado que nos depuran; tamén é o ventre que atesoura no seu interior un inmenso patrimonio cultural, antropolóxico, xeolóxico, histórico e arqueolóxico.
Desde a ventá da miña casa, a Serra do Galiñeiro descóbrese cunha forma sospeitosamente coñecida. Cada vez que, engaiolado, desde a ventá, dirixo a mirada para aquí, creo descubrir nos xeitos da montaña aquela abraiante serpe que, a ollos do Principiño, tragou un elefante.Si, esta Serra, na que Victoriano Taibo foi testemuña, desde a escoliña de Morgadáns, do golpe militar do 36 que o ía humillar e desterrar, tamén ten formas literarias.A montaña é natureza, é vida, e tamén é literatura.Certo, eu creo distinguir ben a serpe dentro do elefante que debuxou a imaxinación de Saint Exupery. Ou non será unha serpe? E logo non será a forma rebelde dunha egua? E logo non será un urro feito caliza? Se cadra, un día, logo da súa morte, Saint Exupery seguiu sucando os ceos terrestres e unha desas mañás de luz acusadora que nos ofrecen os días de outono planeou sobre Peinador. Porque Vigo, desde o aire, non é a cidade, chea de rúas que levamos impresa na retina. Nin sequera é a ría. Vigo, desde o aire, é a Serra do Galiñeiro. Iso é o que de verdade se ve. Iso.O brillo da mica nas rochas.A fortaleza do seixo.A contundencia da magnetita.Os berros petrificados das armas da Auga da Laxe.O rincho das burras.O silencio ancestral das mámoas.A ollada acuosa e melancólica das vacas.A sabedoría inmemorial das pontellas e os camiños.A viveza engaiolante das brañas.O manto incógnito das matogueiras.A impermeabilidade da saramaganta.A canción enxebre do breixo.A poeira wagneriana dos curros.O agurgullar da auga nos muíños, presas e levadas.As voces cantareiras da Touba do Brión.O repenicar do merlo azul.O eco abisal das covas.A abraiante inmensidade da paisaxe.Todo iso é o que unha ollada de aviador literario como Saint Exupery pode ver desde o aire.Eiquí síntese ben o que é un home, dixo Uxío Novoneyra medíndose co Courel. Tamén podería terse referido á Serra do Galiñeiro. Ou á Serra da Groba.Dóenos a Serra do Galiñeiro. Dóenos porque é o noso presente e queremos que sexa tamén futuro. Non en van, os dous Institutos de Gondomar levan nomes vencellados a estas terras montesías: Auga da Laxe e Terra de Turonio.Aquí, lamentablemente, séntese ben o que é o desleixo e a cobiza, berramos nós, e por esa razón estamos hoxe pisando amorosamente este chan na Serra do Galiñeiro, o noso órgano vital, ese lugar que nos permite seguir vivos. Facémolo precisamente por iso, porque queremos seguir vivos, porque queremos gozar e perpetuar os recursos naturais, ese ben íntimo e social que é paisaxe, a dureza do seixo, a rúbrica dos petroglifos, a liberdade dos cabalos salvaxes, a perpetuidade das mámoas, as cores do breixo, o acougo dos muíños, a beleza indómita dos curros...Precisamente por iso queremos, esiximos, que esta Serra sexa declarada Parque Natural. Xa é tempo.Hoxe, a cidadanía do Val Miñor, a cidadanía de Vigo, a cidadanía da Louriña, a cidadanía do Baixo Miño, participamos nesta VI Andaina pola Serra do Galiñeiro, sobre todo, porque non queremos ser cómplices.
Non queremos ser cómplices da transformación da bondade dos recursos naturais en maldade para abastecer a opulencia; non queremos ser cómplices da especulación irresponsable; non queremos ser cómplices da queima, verán tras verán, das nosas fragas e da destrución das especies arbóreas que viron nacer a antiga Gallaecia; non queremos ser cómplices de que se autoricen as actividades de impacto; non queremos ser cómplices da destrución da biodiversidade e dos ecosistemas; non queremos ser cómplices das políticas medioambientais destrutivas ou neglixentes. Non. Non queremos, non.Nós estamos aquí porque consideramos que a Serra do Galiñeiro é o noso órgano vital, un órgano vital que nos permite vivir, que nos permite respirar, que nos permite depurarnos, que nos permite gozar, que nos permite rir e, sobre todo, que nos permite sentirnos parte desta natureza inmensa e xenerosa que nos acolle desde o día en que nacemos.Hoxe queremos sacar do máis dentro de nós ese instinto telúrico que cada persoa leva canda si. Ese que nos une á terra e que nos fai corresponsables da conservación da natureza. Deixémolo libre, porque ese instinto ten a forza do magma volcánico e a paixón da terra da que saímos e á que volveremos.Queremos que a Serra do Galiñeiro medre e nos faga medrar a nós. Queremos ver como transpira, sentila levedar e acompasar a ela a nosa respiración. Queremos querela, coidala e respectala como ela nos quixo, coidou e respectou a nós durante séculos.Queremos xa, sen máis demora, que a Serra do Galiñeiro sexa declarada Parque Natural.Dicía anteriormente que a montaña é natureza, é vida, e tamén é literatura. Por iso quero rematar coa lectura dun poema.TerraeAs placas da cortezaterrestre son lugar taménen propiedade. Planetasolar de viñas e nabos,labradío biolóxico con formade esfera, tectónica, cebola,rotación do sacho que sachana terra basáltica e granítica,vida lúa, asfalto de castañacon veas de árbore milenaria,hai un proceso de fotosíntese querenace na eclipse do rego,abre na semente e no ozono,no escaravello da pataca ecantos millóns de anos cantossegundos luz fixeron faltafarán para que os océanosiluminen o froito das estremas,entanto somos hidrosfera,universo campesiño e primario decivilización patria, enxebreza daemoción en níquel que trae e levaas mareas nunha identidade cosmica feldespato lingua de placas,nitróxeno, a herdanza do millo que labraatmosferas sulfatadas no infinito da terra, cun aradiño de pau, cun aradiñode pau.Serra do Galiñeiro, Parque Natural.Moitas grazas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)